Coronavirus

Oímbra queda sen a festa do pemento polo covid-19

20200717194023871_resultado
Co obxectivo de manter vivo o espíritu do evento, o Concello promoverá unha campaña de promoción

A 23ª edición da Festa do Pemento de Oímbra non se celebrará, como así estaba previsto, o vindeiro día 2 de agosto. A pandemia do covid é o principal motivo desta cancelación, pois a festa congregaba a miles de persoas na carballeira ubicada nas proximidades da Casa Consistorial, circunstancia que, nestes momentos, non se pode dar seguindo as recomendacións sanitarias. 

Non obstante e co obxectivo de manter vivo o espíritu do evento, o Concello promoverá unha importante campaña de promoción para "que tanto a nosa xente coma os fieis consumidores do noso pemento teñan moi presente que poden seguir contando coa nosa horta e que, aínda que este ano non teremos a nosa particular e senlleira festa de exaltación, o pemento de Oímbra segue a ser un dos máis demandados pola súa indiscutible calidade", asegurou a rexedora municipal, Ana María Villarino Pardo. Tamén se celebrará o primeiro concurso fotográfico da Feira do Pemento de Oímbra, que terá como premio un lote de produtos do Concello.

Te puede interesar