OBRAS

Oímbra rematou as melloras do acceso ao centro de saúde

oimbra1_result
photo_camera La regidora de Oímbra, Ana Villarino, y la delegada territorial, Marisol Díaz -tercera y segunda por la derecha-.

gada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, e a rexedora, Ana María Villarino, visitaron este martes o resultado das obras que se centraron, principalmente, en acondicionar os entornos facéndoos máis accesibles.

O Concello de Oímbra e o centro de saúde viron melloras nas súas infraestruturas grazas a unha achega por parte da administración autonómica de 60.000 euros. A delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, e a rexedora, Ana María Villarino, visitaron este martes o resultado das obras que se centraron, principalmente, en acondicionar os entornos facéndoos máis accesibles. Renovouse, ademais, a pavimentación, e elimináronse desniveis do itinerario peonil coa finalidade de mellorar a zona de acceso aos dous edificios públicos. Do mesmo xeito, construiuse unha rampa e acondicionouse un aparcadoiro para persoas con discapacidade.

Esta actuación enmárcase na liña de subvencións de máis de un millón de euros que a Consellería de Política Social destinou o pasado ano ao fomento da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, cofinanciada polo programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Barbadás, Castrelo, O Barco, Ribadavia e San Cibrao tamén foron beneficiarios.

Te puede interesar