CON BASTÓN DE MANDO

José Luis Suárez: “O Parador significará a salvación do Castelo"

monterrei2_result
photo_camera José Luis Suárez, ao pé da fortaleza de Monterrei.

José Luis Suárez Conde está a punto de cumplir 34 anos dirixindo ininterrumpidamente o Concello de Monterrei. Chegou á política en 1977 a través das Cámaras Agrarias e da man de Eulogio Gómez Franqueira

José Luis Suárez Conde está a punto de cumplir 34 anos dirixindo ininterrumpidamente o Concello de Monterrei. Chegou á política en 1977 a través das Cámaras Agrarias e da man de Eulogio Gómez Franqueira concurríu como número 2 na lista de Coalición Galega ás municipais no ano 1979. En 1981 o alcalde dimitiu e Suárez Conde asumiu a alcaldía, que xa non volveu a deixar, gañando elección tras elección con maiorías absolutas e encabezando candidaturas baixo as siglas de AP, Centristas de Galicia e PPdeG. Hoxe vive os seus últimos días á fronte do Concello, xa que non se presentará á reelección.

Que debe ter un político para manter a confianza dos veciños durante tanto tempo?

A confianza dos veciños gáñase día a día. Unha alcaldía do rural é algo diferente. Ó mellor na cidade non entenden o que é facer política no rural. Aparte do interés en facer cousas, hay que ter o contacto día a día cos veciños, cos seus problemas e cas inquietudes de cada un.

Como cambiou Monterrei nestes 34 anos?

Cando cheguei á alcaldía, nos pobos non había nin abastecemento, nin saneamento, nin alumeado público, nin accesos asfaltados e as rúas eran bulleiros. O único que tiña algo era Albarellos. Hoxe os 16 núcleos do concello dispoñen deses servizos. Logo estiveron as concentracións parcelarias. Fixéronse tres, que abarcaron o 70% do Concello. Foron polémicas, porque era difícil meterllas na cabeza a moita xente, pero hoxe están contentos e os que non a teñen, reclámana. Fixemos dous colectores, que enlazan os núcleos rurais coa depuradora de Verín. Conseguimos un acceso ca autovía A-52, que me custou tres viaxes a Madrid cando chegou ó Goberno Aznar, pois o acceso previsto inicialmente no proxecto fora anulado por presións dos socialistas, que dicían que só me beneficiaba a mín e que quería poñer unha gasolineira. Tamén foron importantes proxectos como o centro de saúde, o colexio de Medeiros, o PXOM ou a canalización do río Rubín.

E cal foi a súa maior desilusión?

Se digo a verdade, non tiven desilusións ata este últimos 3 ou 4 anos, nos que a burocracia na Administración aumentou tanto que me quedou en portas a posibilidade de facer un centro de día. Teño que recoñecelo que co bipartito na Xunta tiñamos o proxecto feito, terreos cedidos e todo preparado. Despois viñeron as eleccións e co novo goberno quedou todo parado, e eso foi unha desilusión. Outra foi non ter sido capaz en 34 anos de recuperar o balneario de Requeixo, que está nun entorno precioso, cunhas augas medicinais fenomenais, pero que está nas máns dun propietario que non fai nin deixa facer nada.

Que papel ten o Parador na vida económica de Monterrei?

O Parador tivo os seus altos e os seus baixos e no feito de que non se acabara pechando tiven algo que ver. En canto á súa ubicación na fortaleza, véxoa como a salvación do castelo, pese ó que diga a oposición. No castelo había que facer algo que tamén servira para mantelo. O Concello non ten recursos para atender esa tarefa e Paradores asúmea. Outra posibilidade, como o museo que dín os que se opoñen, podería ser, pero mantelo custaría moito diñeiro, que non temos.

Suscitou moitos recelos o feito de que pretenda pasarlle o testigo da alcaldía ó seu fillo?

O testigo ó meu fillo pasarallo o pobo, o voto da xente. Eu teño dous fillos e a un gústalle a política e non sei porqué o fillo dun político non vai a poder ser político. Se ten vocación, pode selo. Eu digo que ojalla non houbese tido vocación, porque eu sei o sacrificado que é a política rural. Para os fillos sempre se quere o mellor e eu preferiría que vivise tranquilo

A perda de poboación tamén é aquí unha dura realidade.


Sí, é algo que pasa en todos os concellos, pero ese é o maior fracaso meu e o peor que me poido pasar. Eu collín este Concello con 5.100 habitantes e hoxe estamos nos 2.800 e a maioría, de 65 anos para arriba.

En que recursos se pode soster o desenvolvemento de Monterrei?

A viticultura aquí pode ser riqueza, pero calquer cousa que se queira facer para que o rural non desapareza ten que pasar por capitalizar o campo, industrializar os productos do campo, que daría riqueza e traballo á xente. O terreo que deixamos disposto para ampliar o polígono de Pazos vai nese sentido, impulsar a agroindustria, porque é moi sangrante que nun concello de 2.800 habitantes haxa 350 parados, case todos xente nova.

Que retos terá que asumir a persoa que o suceda la alcaldía?

Eu ireime da alcaldía dentro de dous meses e deixo un Concello sen débedas e cos servizos atendidos. Polo tanto, quen me suceda poderá centrarse no reto de levar adiante o polígono industrial e fomentar o emprego para darlle traballo á xente nova. Terá que seguir loitando polo balneario de Requeixo, polo centro de día, por unha residencia de maiores e por manter o grupo escolar de Medeiros, cuxa consecución foi unha das primeiras decisións que tomei como alcalde.

Te puede interesar