Premios

Pazo Lalón e Ó Prómine Singular, elexidos mellores viños de Galicia

Eduardo González Bravo, á esquerda, co premio ó mellor branco de Galicia. Á dereita, o conselleiro de Medio Rural.
photo_camera Eduardo González Bravo, á esquerda, co premio ó mellor branco de Galicia. Á dereita, o conselleiro de Medio Rural.

Os premios Catas de Galicia 2020 na categoria de mellores viños recaeron nesta ocasión en "Pazo Lalón", da bodega Pazo Lalón S.L. (Denominación de Orixe Ribeiro) na categoría de brancos e "Ó Prómine Singular", de bodegas Petrón S.L. (Denominación de Orixe Ribeira Sacra) na categoría de tintos.

O conselleiro do Medio Rural, José González, presidiu onte en Santiago a entrega destes premios. Alí sinalou que este recoñecido certame permite "promocionar, identificar e premiar a tradición, o esforzo e dedicación de adegueiros e augardenteiros". Así, felicitou a todos os participantes e, en especial, aos gañadores "por elevar os viños galegos ao máximo prestixio, primando a súa calidade e dándoos a coñecer". No acto, que tamén contou coa presenza do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, e no que se deron a coñecer os gañadores das catas de augardentes e licores tradicionais, se puxo de manifesto o valor estratéxico dun sector integrado por 13.400 viticultores e 479 bodegas, e que xenera un valor económico anual de máis de 200 millóns de euros.

Te puede interesar