Monterrei

O Peliqueiro tamén pon a máscara

Monterrei

FOTONOTICIA

O Peliqueiro tamén pon a máscara

Dende Turismo de Laza recordan que este sería o primeiro venres de folión. Pero dada a situación sanitaria actual, o Peliqueiro -figura do Entroido lazano- tamén pon a máscara, pois así amenceu a careta desta escultura que se atopa subindo a Picota polo Outeiro. Turismo de Laza di que "escoitaremos o son dos chocos dende as nosas casas, o cheiro dos fachóns dende os nosos sillóns e a cinza poderémola botar dende as nosas fiestras para purificar tódalas rúas de Laza".

peliqueiro laza_resultadoA escultura do Peliqueiro tamén se protexe coa máscara (Foto: Turismo de Laza)