Un pintor de Verín crea óleos contra a crise do covid-19

photo_camera Os pintores Xosé Rivada e Fernando Barreira (á dereita).
Trátase de cinco creacións cuxos fondos se destinarán á protección civil de Vérín e aos servizos sociais da vila

Mañá xoves, a partir das 20,00 horas, o Auditorio municipal de Verín acollerá un acto solidario en favor das asociación de Protección Civil da vila, así coma da Área de Servizos Sociais. O artista verinés, Fernando Barreira Mateo, en colaboración con outros persoeiros da vila, organizou esta actividade con carácter benéfico que pretende aportar un grao de area ante a difícil situación xenerada polo covid-19 na vila. 

Durante o evento, levarase a cabo un coloquio e, posteriormente, a entrega dos fondos resultantes da venda de cinco óleos ás asociacións citadas para apoiar a actual situación. 
Baixo o nome de "Apartado al lado", o artista local, Fernando Barreira Mateo, traballou durante o Estado de Alarma nunha serie de cinco lenzos dunhas dimensións de 50x50, cuxa finalidade foi recadar fondos, que doará o este xoves -e de maneira totalmente altruísta- á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Verín e á área de Servizos Sociais da mesma entidade pública -tamén se fará entrega dos óleos aos propietarios dos mesmos-.

No acto coloquio, o artista verinés contará coa colaboración de Edelmiro Mateo e Isabel Risco, así como coa participación de Enma Veiga, David Rodríguez Rivada, Manuel Alfonso, Javier Cid Domínguez, Eugenio Quintas Alborés e Diego Lourenzo Moura, ademais do propio Barreira.

Te puede interesar