La falta de ayudas a la hostelería dinamita las relaciones entre PP y PSOE en Viladervós

concello de Vilardevós
photo_camera A casa consistorial de Vilardevós. (Foto: Concha Caneiro).

El PSOE  critica "a falta de resposta" do PP e o alcalde Manuel Cardoso insiste en que "non contestamos porque aínda non decidimos nada, temos que valorar se hai partida ou non", ao que engade que "non é tan fácil facelo do día para a mañá".

Os socialistas de Vilardevós critican a falta de compromiso do grupo de goberno -PP- coa hostalería da zona, ademais do "desinterese que amosan ao non reponder aos nosos escritos".

O PSdeG emitiu catro escritos pedindo a ao grupo de goberno a valoración de aportar algún tipo de axudas aos hosteleiros do concello, a data do 21 de outubro, 16 de novembro, 4 de decembro e 16 de febreiro. 

"Os bares nas aldeas funcionan como centros sociais, xa non é por tomar un café, senón por ser lugar de encontro", asegura Julio Prada, voceiro dos socialistas, que considera que é necesario axudar a estes lugares para non deixar "morrer o rural".

Ante a falta de resposta por parte do Concello de Vilardevós, Prada critica a situación e asegura que "teñen cinco días para contestar, é obrigatorio, e non o fixeron", o que fai que os socialistas pensen que "non fan absolutamente nada".

Pola súa parte, Manuel Cardoso, alcalde de Vilardevós polo Partido Popular, insiste en que "non contestamos porque aínda non decidimos nada, temos que valorar se hai partida ou non", ao que engade que "non é tan fácil facelo do día para a mañá".

Ademais, Cardoso reprochoulle aos socialistas que "deberían pedirllo ao goberno central e non só a nós, ademais eles teñen máis diñeiro e son o seu goberno", a lo que Prada responde recalcando que ellos hacen política municipalista, "estou na oposición dun Concello, o que teño que facer é pedir por aquí".

Te puede interesar