Formación

Portas Abertas abre as inscricións para o seu curso sobre agricultura ecolóxica

sede portas abertas verín
photo_camera A sede de Portas Abertas en Verín. (Foto: cedida).
O curso impartirase de maio a agosto

O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas vén de anunciar a apertura do prazo para anotarse ao seu próximo curso de agricultura ecolóxica para o autoemprego, dentro do programa Itinerarios Integrados contra a Despoboación. 

Dende a entidade informan de que calquera persoa que estea interesada neste curso, que se desenvolverá dende maio ata agosto, pode pasar polas oficinas de Portas Abertas para pedir información e poderán inscribirse sen ningún custo no curso ata o 14 de maio.

Neste próximo Itinerario Integrado, os formadores realizarán cos usuarios sesisóns de orientación laboral, acompañamento durante toda a formación, un curso de 40 horas de agricultura ecolóxica para o autoemprego e un curso de 10 horas de sensibilización ambiental e igualdade de oportunidades, algo que dende o CDR consideran importante na actualidade.

Este programa lévase a cabo a través do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (Poises) e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo, con cargo ó programa operativo do mesmo nome.

Te puede interesar