8M

Portas Abertas homenaxeará ás mulleres cunha nova iniciativa

sede portas abertas verín
photo_camera A sede de Portas Abertas en Verín.
O centro traballa xa de cara ao vindeiro 8 de marzo, Día Internacional da Muller

O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas xa está a traballar no Día Internacional da Muller, o 8 de marzo. Para conmemorar ese día, dende o centro adicarán a semana a darlle voz a aquelas mulleres que foron -e son- as que abriron o camiño para as que foron detrás. “Queremos homenaxear as que nos deixaron o legado do empoderamento, e as que nos ensinaron que con ganas e tesón todo se consegue”, sinalan dende Portas. 

Por iso, as traballadoras do centro están na busca de historias de superación de mulleres da comarca. “Se coñecedes a alguén da vosa aldea cunha historia de superación á que lle queirades facer unha homenaxe, e lle queirades dar voz a súa historia, contactade con nós”, destacan. Así, aquelas persoas que coñezan mulleres que abriron camiño, poden dala a coñecer acudindo á sede de Portas en Verín ou Vilardevós, ou chamar ao teléfono 988 98 95 08.

Te puede interesar