literatura

Posteguillo será a estrela do ciclo de novela de Verín

Posteguillo.
photo_camera El escritor Santiago Posteguillo, durante una de sus participaciones en Foro La Región, en 2013.

O recente premio Planeta presentará en marzo na vila a súa obra "Yo, Julia"

O recentemente nomeado Premio Planeta vén de confirmar a súa asistencia ás II Xornadas de Novela Histórica da Biblioteca do Concello de Verín que se celebrarán o 29 e 30 de marzo do vindeiro ano.

O autor valenciano estará presente nunha mesa redonda que levará por título "Novelas históricas sobre la Hispania romana". Na mesma estará acompañado por Margarita Torres, escritora e profesora titular de Historia Medieval da Universidade de León, e polo autor galego Francisco Narla.


MESA REDONDA CO AUTOR


Santiago Posteguillo tamén presentará a súa obra premiada pola editorial Planeta "Yo, Julia". Coma o ano pasado, ao terminar a mesa redonda, os poñentes atenderán ao público e aos medios de comunicación presentes.

Tras o rotundo éxito da primeira edición da iniciativa, con máis de 650 asistentes, os organizadores do evento confirmaron onte que se manterá o formato inicial das Xornadas de Novela Histórica, contando de novo coa presenza do novel escritor Alejandro Corral (El cielo de Nueva York, premio Planeta Planeta 2015) que dará continuidade ao apartado formativo da iniciativa, programado na primeira anterior con gran aceptación do público. Corral disertará sobre como converterse en escritor e chegar a publicar unha novela.

Te puede interesar