CELEBRACIÓN

A praza da Mercé será o epicentro deste Lázaro

220317img_2925presentacion_feira_lazaro_result
photo_camera El alcalde, Gerardo Seoane, presidiendo la presentación de la feria.

na mesma ubicaráse a primeira feira do libro e unha exposición de artesanía con 17 postos, moitos locais

A Praza da Mercé xa se prepara para convertirse no epicentro da remozada feira do Lázaro que terá lugar en Verín dende o vindeiro día 31 de marzo e ata o 2 de abril. Nela se darán tres eventos de relevancia, como serán a primeira edición da feira do libro de Verín, a feira de artesanía e a mostra inédita do artista local Fernando Barreira, que terá como soporte físico da mesma o claustro do convento da orde Mercedaria de Verín, na que será a proba piloto para a implantación definitiva do que podería ser o museo da comarca de Monterrei.

O día 31 pola tarde, dende as 19,30 horas, inaugurarase o certame literario co pregón a cargo de Xosé Carlos Caneiro y a presentación tamén da súa última obra. O sábado, as casetas estarán abertas dende as 12 do mediodía, e voltarán ás 17 horas coas diversas presentacións de varios autores, entre eles, Alberto Blanco e o seu "Códice esmeralda". O domingo, idéntica xornada, con sesión de contacontos pola tarde (18 horas) e a actuación da coral polifónica de Verín (12 horas). Ás 11, 30, os nenos poderán saber como facer a portada personalizada do libro que adquiran. 

Te puede interesar