CULTURA

Presentación na biblioteca de Verín do libro “Albión Galaica"

A obra recolle as experiencias do autor, Miguel Losada, e de Rafa Quintía, quen asina o prólogo. Relátanse vivencias e conclusións xeradas dunha viaxe de investigación realizada no inverno do 2013.

O vindeiro xoves 6 de outubro ás 19,30 horas, a Biblioteca do Concello de Verín acolle a presentación do libro "Albión Galaica, unha viaxe polas antigüidades e tradicións de Gales e Inglaterra", escrito por Miguel Losada. A obra recolle as experiencias do autor e de Rafa Quintía, quen asina o prólogo. Relátanse vivencias e conclusións xeradas dunha viaxe de investigación realizada no inverno do 2013.  "Estamos ante un libro ameno, rigoroso, enormemente divulgativo e cheo de contidos interesantes para os amantes da historia e da antropoloxía", afirman dende o consistorio. 

Miguel Losada naceu na Pobra de Trives no ano 1967. É Licenciado en Dereito e secretario da Sociedade Antropolóxica Galega onde opera tamén como realizador audiovisual, redactor e tradutor da lingua francesa.É redactor xefe da publicación Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza e como investigador independente é autor de diversos artigos etnográficos publicados en distintas revistas especializadas. É realizador numerosas pezas audiovisuais para o proxecto Arquivo Audiovisual de Antropoloxía Galega.
 

Te puede interesar