instalacións

Primeiro punto de auga en Verín para as emerxencias

punto_result
photo_camera O novo hidrante está ubicado no polígono industrial de Pazos, en Verín.

Ten capacidade para abastecer a dous camións nodriza de 25.000 litros

O Concello de Verín vén de inaugurar un novo punto específico de captación de auga para emerxencias no polígono de Pazos. Con este novo hidrante, o ente municipal diminuirá os tempos de carga dos vehículos de emerxencias e evitará, en gran medida, o uso de auga potable na loita contra os incendios forestais e outro tipo de emerxencias. Cunha capacidade aproximada de 90.000 litros, este hidrante pasa a ser o primeiro punto de carga a nivel comarcal que non utiliza auga potable para a carga de camións cisterna de gran capacidade, como son os vehículos nodriza da Axega, UME e Bombeiros.

"Coas cada vez máis habituais secas e vagas de incendios que estamos a experimentar, cremos que era de vital importancia implementar un punto específico de captación de auga para emerxencias que non utilice auga potable e que, ao mesmo tempo, permita a carga de vehículos de grandes dimensións de forma rápida e eficaz", explicou Gerardo Seoane.


INSTALACIÓN EN DESUSO


Despois de moitos anos con esta instalación pechada e sen uso, o Concello de Verín -en colaboración co servizo municipal de augas e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín- habilitou este novo servizo que ten a capacidade de abastecer a dous grandes camións nodriza de ata 25.000 litros, simultáneamente.

Te puede interesar