monterrei

Pro Animais Verín sorteou un centenar de agasallos

O obxectivo da festa solidaria foi recadar fondos para o funcionamento desta agrupación

A Asociación Pro Animais Verín e o Concello fixeron balance da festa solidaria celebrada na Praia Fluvial de Verín e que batiu récords de participación e doazóns. O obxectivo desta actividade foi recadar fondos para o funcionamento desta agrupación que acolle, cuida e dá en adopción a centos de animais que, cada día, aparecen abandoados en Verín e en municipios limítrofes. 

A festa comezaba ás 10,00 horas do pasado sábado coa apertura do bar ao pé do río. A tarde deu paso á animación musical cunha discoteca móbil, inchables para os máis cativos e actuacións de artistas locais. Tamén houbo un desfile canino para promover a adopción de animais. Neste senso, a presidenta de Pro Animais Verín, Veves Gascón, asegurou que houbo varias personas que se amosaron interesadas. 

Ao longo da tarde fixéronse diversos sorteos nos que se repartiron máis de 100 regalos doados por particulares e comerciantes de Verín. Entre os obsequios incluíanse cenas, viños, prendas de roupa e incluso unha videoconsola.

Gascón amosou a súa ledicia logo desta última edición do evento, xa que "aumentou notoriamente a participación. Notouse tanto na asistencia como nas doazóns que se realizaron".

Pola súa banda, Purificación Caldelas, concelleira de Desenvolvemento Rural e Medioambiente, quixo agredecer a asociación "a impagable labor" que realiza na comarca a devandita asociación en pro da defensa dos dereitos dos animais e comprometeuse a apoiala.

Te puede interesar