MONTERREI

As proxeccións de cine en Verín atraeron a seis mil espectadores

Os 5.812 espectadores deixaron na taquilla do cine municipal de Verín case 29 mil euros

Logo de seis meses de funcionamento ininterrumpido, o cine municipal de Verín xa acadou preto dos 6.000 espectadores, que puideron desfrutar de cine comercial e de estrea sen ter que abandonar a vila nas fins de semana. dende o goberno municipal califícanse estas cifras de "éxito total" e anuncian que a iniciativa continuará dende finais de setembro, logo dun descanso dun mes no que se acometerán melloras para dotar de novo material de proxección á Casa da Cultura, grazas a unha subvención de 15.000 euros da Xunta de Galicia.

Os 5.812 espectadores deixaron na taquilla do cine municipal de Verín case 29 mil euros, que o Concello destinará integramente ó sustento das proxeccións. Precisamente estas melloras técnicas de imaxe e son serán implementadas durante o próximo mes, motivo polo que o cine municipal pecha as súas portas ata finais de setembro, cando retornará a programación comercial a Verín.

Te puede interesar