música

O proxecto musical de Jorge Godás presentouse en Rusia

Carlos Folgoso, Ksenia Islamaba, Gerardo Seoane y Jorge Godás.
photo_camera Carlos Folgoso, Ksenia Islamaba, Gerardo Seoane y Jorge Godás.

O verinés foi recibido polo rexedor local, Gerardo Seoane, e tamén polo subdelegado do goberno en Ourense

O verinés que viaxou ata a localidade rusa de Mirny para estrear o proxecto "The Timesounds", Jorge Godás, regresou do seu periplo e foi recibido polo rexedor de Verín, Gerardo Seoane, e polo subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González. 

Godás, que tamén é responsable de Creatividade e Multimedia do Festival Internacional de Curtas de Verín -FIC Vía XIV-, sacou adiante un traballo de música descriptiva xunto ao siberiano Vladislav Soldadenko. Nel combinaron son, imaxe e outras disciplinas artísticas como performances. 

"The Timesounds" foi presentado oficialmente e cun gran éxito no Festival Cultural de Mirny e ante un aforo de 450 persoas. Agora, unha vez vivida esa primeira experiencia, o obxectivo é repetila en terras verinesas. Así, Jorge Godás compartiu todos os detalles desta estrea co alcalde verinés e co representante estatal en Ourense, e trasladoulles o seu desexo de que a iniciativa poida ser repetida en Verín e noutros puntos da xeografía provincial e galega. 

Na opinión do impulsor artístico, unha das claves do éxito da conexión co público foi o feito de centrar o proxecto na historia do esforzo e da disciplina humana. Uns valores que, ao seu xuízo, "están presentes en todas as culturas. Foi especialmente emotiva a parte que lembraba aos oito mineiros de Mirny que faleceron nunha canteira en 2017", explicou Godás. O concerto tamén se transmitiu por Internet.

Te puede interesar