SOCIALISTAS

O PSOE de Maceda pide máis plenos municipais

Afirman que "nos últimos seis meses únicamente se celebrou un pleno, o día 30 de marzo, e o anterior tivo lugar o 24 de novembro de 2016"

O grupo socialista do Concello de Maceda reclama ao goberno municipal do PP a celebración de máis plenos da Corporación. Segundo sinala a voceira socialista, Ana María Rodríguez, a través dun comunicado, non se respecta a celebración de sesión do pleno municipal cada dous meses, "freando as propostas e o control da oposición". Afirma, neste sentido que "nos últimos seis meses únicamente se celebrou un pleno, o día 30 de marzo, e o anterior tivo lugar o 24 de novembro de 2016".

Para Ana María Rodríguez, a ausencia de plenos "impide achegar propostas aos múltiples problemas que a veciñanza nos traslada, polo que nos coarta o exercicio da democracia dentro da oposición construtiva".

Lembra as mocións que teñen presentado e cuxo debate se demora pola falta de plenos, como a reclamación dun horario continuado na residencia do centro de día, a continuidade do servizo da escola infantil municipal e a acollida durante o mes de agosto, a apertura de aparcamentos en soares da vila ou a petición dunha rebaixa no IBI do 0,6% ao 0,4%. 

Te puede interesar