CON BASTÓN DE MANDO

Juan Manuel Jiménez: “Queremos recuperar a tradición do agüismo"

O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, leva 33 anos activamente na política e afronta o reto dunhas novas eleccións municipais.

A punto de cumplir 17 anos como alcalde de Verín e 33 anos na política activa, Juan Manuel Jiménez Morán afronta o reto dunhas novas eleccións municipais. Entrou en política no ano 1983, como concelleiro independente na Corporación verinense. En 1995 accedeu á alcaldía, á fronte da cal renovou en 1999. Volveu a gañar as eleccións de 2003, pero unha moción de censura arrebatoulle o goberno municipal en 2004. Nas eleccións de 2007 recuperouno con maioría absoluta, resultado que revalidou en 2011. Desde hai 3 anos é senador en representación da Comunidade Autónoma.
 

Considérano un aliado de Núñez Feijóo no territorio dos Baltar. Que tal se leva con eles?

Con Alberto Núñez Feijóo, o presidente rexional, sempre me levei ben, tanto política como persoalmente. E con Baltar, houbo aquel congreso, no que se deu unha situación normal e que alguén sacou de contexto o ocurrido, pero agora a relación é excepcional. Ten unha atención exquisita con todos os temas que teñen que ver con Verín.

Que balance fai destes últimos catro anos de mandato no Concello?

É un balance moi importante. Fixemos moitísimas obras polas que levabamos anos esperando. Unha é a ampliación do Parque Empresarial en 70.500 metros cadrados. Desde 2004 levabamos sin un metro cadrado de solo industrial por unha decisión ilóxica e incomprensible daquel goberno tripartito. Logo está o traslado da subestación eléctrica, un tema que levaba enquistado máis de 30 anos, pois estaba no centro de Verín e preto dos colexios. Outro éxito foi o mantemento do Parador, que estaba abocado ao peche, que seguiu aberto e se mantiveron os postos de traballo. E aí esta o Centro das Artes, importantísimo, pois Verín era a única vila de Galicia que carece dun auditorio. Son catro exemplos, pero hai moitos máis.

Como ve o futuro do Parador diante das voces críticas á súa ubicación no castelo?

Aínda que non é un tema do meu Concello, teño que dicir que a oposición que ten é ficticia. O slogan que usan, 'Non ó hotel', é mentira, porque non é igual un hotel que un parador. Con un parador estás en Turespaña e nunha das mellores redes de hoteis do mundo, que é Paradores de España. En segundo lugar, o Parador será do Ministerio de Turismo, ou sexa,que seguirá sendo público e a maiores, rehabilítase a fortaleza que, salvo as habitacións, seguirá sendo visitable. Todos os que están creando polémica nunca se preocuparon pola fortaleza e creo que todo se acabará ó día seguinte en que se abra o Parador e a xente poida subir e visitar a fortaleza.

Como afectou a crise ó Concello?

Afectoulle de forma importante no ámbito da construcción. Pecharon moitas empresas, pero tivemos a sorte de que no interín de paso daquel modelo productivo a outro novo, que protagonizan o turismo e o termalismo, axudounos a aposta do PP polo tren de alta velocidade. Hoxe hai en Verín unhas 600 persoas que traballan no AVE, dinamizando a actividade económica da vila que, a maiores, é o centro comercial da comarca e atrae xente de Sanabria e do Norte de Portugal. E a eso hai que sumarlle a puxanza do sector do viño, o vigor das augas minerais e o impulso do textil, que están tirando de forma importante de Verín .

Resentíronse os servizos públicos?

Non, todo o contrario. En 2007 atopamos un Concello con un remanente de tesorería negativo de 300.000 euros e hoxe ese remantente é positivo en 1,8 millóns de euros. Fixemos un gran control administrativo e económico, investimos moito en aforro enerxético e adicamos o diñeiro que aforramos a cousas importantes, como aumentar os fondos dos servizos sociais, baixar impostos ou dar axudas para que as empresas se instalen no Parque Empresarial. Por outra parte, no eido social, temos moita poboación maior e o asilo, que conta con 170 prazas, está cheo e con lista de espera de 100 persoas, polo que estamos en conversas cunha empresa privada para facer unha residencia de maiores. Asimesmo, estamos a a falar coa Consellería de Traballo, para facer un centro de día.

Cales son os piares do futuro económico de Verín?

O turismo, o termalismo e o sector primario. No turismo, é moi importante o Plan de Competitividade, chamado 'Portas de Galicia', que nos permetiu deseñar e impulsar un destino turístico diferenciado variado e de calidade, con natureza, paisaxe, gastronomía, patrimonio, termalismo, absolutamente todo e nun espazo no que te podes mover nun tempo de entre 20 minutos e media hora. En canto ó termalismo, creo que é a asignatura pendiente deste mandato, aínda que podo anunciar que xa temos algunha empresa que quere investir en balnearios e facer instalacións importantes para recuperar unha tradición que había en Verín e que se perdeu, o 'agüismo', cando a xente viña a tomar a auga por indicación médica. En canto ó sector primario, tomo o viño como referencia, pois ten unha saída enorme, duplicou a producción nos últimos años e está ampliando a superficie de viñedo. Logo está a auga mineral, o ámbito da horta, que é excepcional, e estamos tamén a traballar para recuperar a producción de aceite.

Te puede interesar