CULTURA

Un redondelán, visitante 25.000 do Museo do Claustro de Verín

Marcial Iglesias -dereita- recibe o premio de man de Carlos Coto, de Apatrigal.
photo_camera Marcial Iglesias -dereita- recibe o premio de man de Carlos Coto, de Apatrigal.
O espazo que inaugurouse no 2017 co obxectivo de amosar a historia da comarca e a súa relación co viño, ademais de albergar exposicións temporais. 

Un redondelán converteuse este sábado no visitante número 25.000 do Museo Claustro Mercedario de Verín, un espazo que se inaugurou no 2017 co obxectivo de amosar a historia da comarca e a súa relación co viño, ademais de albergar exposicións temporais. 

O premiado, Marcial Iglesias de Amoedo, formaba parte da comitiva que, durante todo o día, participou nun roteiro polos edificios e espazos mais senlleiros da vila, enmarcado na Xornada do Día Mundial do Patrimonio que a Asociación para a Defensa do Patrimonio Galego -Apatrigal- quixo celebrar na capital do Támega. Iglesias de Amoedo recibiu, de parte do Concello de Verín, un lote de obsequios que incluían: material patrimonial divulgativo, un vale dunha cena para dous con produtos propios da comarca nun establecemento da vila de libre elección e un bono para acceder ás proxeccións que se realizarán no Festival Internacional de Cine Vía XIV, que comezará o vindeiro 30 de novembro.

Te puede interesar