O retorno do cine a Verín chegou xa a 4.700 persoas

<p></p>
photo_camera Diego Lourenzo, á esquerda, tras a firma do convenio con José Luis Suárez,

O Concello asinou un convenio para abrir proxeccións a toda a comarca

Más de 4.700 personas asistiron ás proxeccións comerciais de cine, que retornaron á vila nas últimas festas de do Lázaro, hai catorce semanas. O cine comercial, que levaba case tres lustros sen presencia no Val de Monterrei, retornou a Verín hai 14 semanas, con proxeccións todo os fins de semana a Casa da Cultura acolle sesións de tarde e noite.

Segundo sinala o Concello, as sesións máis exitosas foi a película de estreea "El Renacido" e "El libro de la selva", que rexistraron cheos totais. O goberno municipal considera moi exitosa esa iniciativa, que ven a sumarse a outras propostas cinematográficas, como o circuito galego de Agadic ou o Cinena de Verán, con proxeccións ó aire libre.

Con fin de darlle continuidade a este programa o Concello de Verín e a Mancomunidade de Municipios de Monterrei asinaron onte un convenio, polo que se implican nestas actividades cinematográficas os outros concellos da comarca.

O tenente de alcalde e voceiro do goberno municipal, Diego Lourenzo, e o presidente da Mancomunidade de Municipios de Monterrei, José Luis Suárez, asinaron onte o acordo, que permitirá utilizar a Casa da Cultura de Verín para a exhibición comercial, garantindo deste xeito "alternativas de ocio na nosa comarca, para que as fins de semana os veciños dos sete concellos que a compoñen non marchen buscando alternativas de lecer e tamén veñan aquí os de outras zonas", afirmou Diego Lourenso tras a firma do convenio.

"A rendabilidade social, tendo en conta o elevado número de espectadores, é evidente", afirmou o tenente de alcalde de Verín, "pero aínda así, este goberno é prudente e extenderemos o experimento un ano para ter referencias claras e logo tomaremos unha decisión sogre a súa continuidade en función do respaldo da xente", concluíu Diego Lourenzo.

Te puede interesar