INVESTIMENTO

Riós aborda a mellora dos camiños agrícolas

As actuacións levarán consigo un investimento total de 71 mil euros

O Concello de Riós comezará nos próximos días a execución do Plan Marco 2016 para a mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias.


As actuacións levarán consigo un investimento total de 71 mil euros, dos cales, case 60 mil corresponden á axuda do Plan Marco da Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Rural. Será o propio consistorio o que contribúa ás actuacións coa súa correspondente aportación para completar a totalidade do investimento. As principais obras de mellora realizaranse nas localidades de Mañoas e Rubiós.


O de Riós é un dos derradeiros municipios da comarca do Val do Támega en executar este Plan Marco na súa convocatoria do 2016. 

Te puede interesar