Riós aproba o seu orzamento para 2023 por 1,5 millóns de euros

riós (5)
photo_camera Os funcionarios do Concello xa desfrutan dos novos radiadores.
A maior partida das contas para 2023 correspondese a dos gastos, concretamente os de electricidade

O Concello de Riós celebrou este venres un pleno no que levou os orzamentos para o 2023, por unha cantidade que ascende a 1.509.000 euros. A cifra foi aprobada inicialmente cos votos a favor do Partido Popular e cos votos en contra dos socialistas. "Quedaron aprobados inicialmente, esperemos que se poidan aprobar definitivamente", anota a alcaldesa Eva Barrio tras o primeiro pleno de presupostos ao que acude como alcaldesa do municipio.

Nas partidas destaca o gasto en electricidade: "Téñennos afogados, ao subministro eléctrico destinamos 160.000 euros", anota Barrio. Para paliar estes gastos, dende o Concello traballan no cambio das luminarias por luces LED nos núcleos rurais de poboación que faltan, así como no cambio de radiadores na casa consistorial previo a unha actuación de mellora da calefacción. Ademais, o grupo de goberno tamén solicitou unhas axudas para instalar placas solares para o sistema de bombeo.

Máis alá dos gastos, o Concello de Riós destina unha parte moi importante aos servizos sociais, que ano tras ano tratan de reforzar. O servizo de axuda no fogar conta cun orzamento de 327.900 euros, mentres que 5.139 euros son para o programa "Xantar na casa" e deixan 2.000 euros para emerxencias sociais. "É unha cifra importante para nós e pensamos que debe destinarse aos servizos sociais porque somos un concello envellecido no que os maiores precisan a mellor das atencións", destaca a rexedora municipal.

Te puede interesar