economía

Riós avanza na construcción do seu polígono empresarial

O alcalde tamén solicitou información sobre os distintos plans e programas para facilitar a recuperación e rehabilitación de inmobles

O rexedor de Riós, Francisco Veiga, achegouse ata Santiago para manter unha reunión coa conselleira de Medio Ambiente Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez e poder avanzar na construcción dun parque empresarial. Neste senso, o departamento autonómico orientará e colaborará co Concello na tramitación necesaria para levar a cabo unha modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal para adaptalo á Lei do solo e, en consecuencia, promover a construcción dun polígono de 30.000 metros cadrados. 

Ambos representantes institucionais analizaron, ademais, outras iniciativas e proxectos de interese para o municipio de Riós. Do mesmo xeito, Francisco Armando Veiga solicitou á conselleira información sobre os distintos plans e programas dos que dispón o Instituto Galego de Vivenda e Solo para facilitar a recuperación e rehabilitación de inmobles. 

Vázquez recordou que na actualidade está aberto o programa de axudas do fondo de cooperación, que ten por obxectivo financiar actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. Nesta liña, o prazo para a solicitude dunha axuda ao abeiro deste plan remata o vindeiro 1 de outubro, e a Xunta puxo a disposición das entidades locais preto de 8,5 millóns de euros. A conselleira agradeceu ao rexedor o seu interese para levar adiante iniciativas.

Te puede interesar