Riós celebrará a Festa da Castaña e o Cogomelo o 6 de novembro

Festa da Castaña en Riós.
photo_camera Festa da Castaña en Riós.

O Concello de Riós xa ten data para celebrar a XXVII Festa da Castaña e o Cogomelo. Será o 6 de novembro, “unha xornada de exaltación dos nosos produtos e da nosa terra”, apunta Eva Barrio, alcaldesa do municipio.

A cita deste ano recupera a comida popular e contará con variadas actividades ao longo da xornada. Ás 10,30 horas abrirase o recinto feiral e a exposición “Produtos elaborados con castaña” de Anabel Dacosta. Tamén haberá unha exposición de coches clásicos e actividades para os cativos. 

Ás 12,30 horas entregarase o premio “Castaña de Ouro” a Francisco Armando Veiga, exalcalde do Concello de Riós e á empresa local Recado de Outono, pola labor de ambos na exaltación de este produto. A xornada concluirá coa degustación de castañas, un concerto de Gin Toni’s e a comida popular no pavillón municipal. 

Te puede interesar