monterrei

Riós conmemora a creación do corpo da Garda Civil

GUARDIA CIVIL DE RIOS
photo_camera Os axentes posan diante da Casa Consistorial.

Veciños e autoridades da localidade participaron nesta celebración

O Concello de Riós conmemorou a creación do corpo da Garda Civil cun acto especial no Concello ao que asistiron, ademais do rexedor local, o popular Francisco Armando Veiga, numerosos veciños da localidade que non se quixeron perder esta celebración. 

Tamén estiveron os axentes homenaxeados e o coronel xefe da Comandancia de Ourense, Manuel Javier Novo Colldefors; o capitán xefe da compañía de Verín, Francisco Javier Martín Márquez, así como o seu teniente, Francisco Rodríguez Valle. Non faltaron o sarxento de Riós, Miguel Ángel Rodríguez, e o cabo, Álvaro Blanco.

Te puede interesar