Riós organiza o domingo o VIII Tour Ciclista da Castaña

Os premios aos gañadores deste VIII Tour da Castaña entregaranse na Praza do Toural, o mesmo día, a partir das 14 horas. 

O municipio de Riós organiza, o vindeiro domingo día 6 de novembro, o VIII TourCiclista  da Castaña. No marco da súa xa tradicional Festa da Castaña e o Cogumelo, na que o municipio homenaxea aos seus produtos insignia, o concello volta a organizar esta ruta ciclista, que nesta edición ten unha distancia de 47 kilómetros.


 "Pretendemos darlle auxe á castaña, un produto que actualmente está de moda", afirma o rexedor da localidade, Francisco Veiga. Na organización colabora Augas de Sousas, así coma outras empresas e negocios da comarca. 
Pasado mañá, o xoves día 3, remata o prazo para se poder inscribir.  Os que queiran participar deberán realizar un pago de 10 euros a través dunha transferencia bancaria, en cuxo concepto deberán especificar "tour da castaña".

Co pago da inscripción, os ciclistas participantes terán dereito a todo o avituallamento necesario para a carreira, así como ao xantar da xornada.


Os premios aos gañadores deste VIII Tour da Castaña entregaranse na Praza do Toural, o mesmo día, a partir das 14 horas. 


Os interesados en participaren deste "tour" deberán anotarse a través dos correos electrónicos [email protected] ou [email protected]. Tamén poden obter información nos teléfonos 988425032 e 988414423.n
 

Te puede interesar