Riós presume de talento local coa celebración do X Festival de Nadal

El Concello de Riós apoya a los damnificados por la falta de cobertura. (Foto: archivo).
photo_camera Imagen de archivo del Concello de Riós.
A cita será este sábado, ás 17,00 horas, na Igrexa do municipio

O Nadal quedará inaugurado este sábado en Riós coa celebración da X edición do Festival de Nadal da localidade, que trae consigo agasallos para os cativos participantes.

A cita será ás 17,00 horas, na Igrexa de Santa María de Riós e contará coa participación de Emilio Rúa e Xosé Carlos Caneiro, a Coral Cantarela, Os Reboldeiros do Riós, The Miguel Band, o Grupo Bulideira e a Banda de Gaitas do Riós. Este ano, os asistentes poderán coñecer dous grupos novos de pandereteiros: as mulleres de Bulideira e os cativos de Os Reboldeiros. “É un orgullo ver como se conforman grupos, os que apostan pola nosa música, pola nosa terra”, explican dende a organización do Festival de Nadal.

Programación

Organizado polos grupos locais musicais, en colaboración co Concello de Riós, este festival trata de dar a coñecer o talento local e aos artistas do concello. “Os grupos do Concello encherán de música e alegría esta xornada que, ano tras ano, ven sendo un bonito xeito de dar comezo ao Nadal”, anotan dende a organización. 

Ademais, a programación de Nadal tamén inclúe unha visita moi especial: o 5 de xaneiro os Reis Magos visitarán Riós para saudar aos cativos da localidade antes da chegada da “noite máis máxica do ano”, aseguran dende o Concello. 

Te puede interesar