Exposición

Rivada leva á Acrópole de Monterrei o seu arte

2020012722024183332
photo_camera Xosé Rivada coa súa exposición na sala de mostras da Acrópole.
A mostra poderase visitar ata o vindeiro 25 de febreiro

O pasado fin de semana o artista Xosé Rivada inaugurou no espazo para mostras do Hospital da Trinidade da Acrópole de Monterrei, a súa exposición "Pensamentos". Trátase dunha escolma da obra do autor ourensán na que se reflexan distintas técnicas e materias. 

A mostra poderase visitar en Monterrei ata o vindeiro 25 do mes de febreiro. O horario de visitas será o mesmo que o da Oficina de Turismo de Monterrei, é dicir, de mércores a domingo, de 10,00 horas a 18, 00 horas. No acto de apertura participaron algúns dos alumnos máis cativos do Conservatorio de Verín, que amenizaron a inauguración con varias actuacións musicais. 

"A mostra está composta de 20 obras diferentes relacionadas coas mareas contaminadas, dende a marea negra que houbo, ata o actual problema de contaminación co mar. Tamén hai esculturas tranxénicas", explicou o escultor. "O marco é incomparable e queremos tratar que funcione continuamente con exposicións colectivas e individuais", engade.

Te puede interesar