As rúas de Verín suman novos espazos ao “Territorio Banksy”

O muro do punto limpo da avenida Luis Espada con “Pulp Fiction”.
photo_camera O muro do punto limpo da avenida Luis Espada con “Pulp Fiction”.

Banksy, un dos artistas urbanos máis destacados do panorama internacional, desembarcou de novo en Verín con cinco copias das súas obras máis coñecidas, entre as que destacan “Nena con roda”, “Pulp Fiction” ou “Think tank”, e que xa se poden ver no muro do punto limpo da avenida Luis Espada ou nas rúas Maior e Amaro Refojo, nun traballo do artista local Alex Araújo.

As intervencións forman parte da mostra ao aire libre “Verín, territorio Banksy” que formará un roteiro polas rúas que próximamente será presentado polo Concello. “Sería un final espectacular que o propio Banksy rematase por interesarse na vila e deixase unha das súas obras en Verín”, sinalan dende o Concello.

Te puede interesar