cultura

Ruth Foxo publica o libro "Verín, enclave de gaita"

Os exemplares poderán adquirirse de xeito gratuito a partir de este xoves na mostra que se exhibe no claustro mercedario

A mostra "Verín, enclave de gaita" continúa a promover actividades paralelas a esta mostra que foi inaugurada o pasado 6 de agosto e que xa recibiu a preto de 1.000 visitantes. Neste senso e, a partir de este xoves, estará dispoñible ao público que se achegue ata o Museo Claustro Mercedario un libro que leva o mesmo nome que a exposición e que foi escrito por Ruth Foxo e editado polo Concello de Verín. 

A publicación poderá adquirirse de xeito gratuito na mostra de gaitas primitivas que se exhiben no museo e que pode ser de grande axuda para a súa visita, xa que analiza os dezaséis exemplares que se expoñen. Cada gaita está seleccionada entre os grandes movementos da historia do instrumento e é analizada dende un enfoque dual, cronolóxico e temático. No libro tamén se poden atopar os grandes tipos de cornamusas que vivían no mundo occidental, mediterráneo e asiático. Ruth Foxo, a autora, expresou o seu desexo de que esta dobre mirada e esta lectura instrutiva "chame aos interesados a unha visita con ollos novos e curiosos".

O Concello de Verín quixo agradecer ao Museo Internacional de Cornamusas e a Ruth Foxo a súa achega a este proxecto cultural, nado dentro do afán de recuperar e poñer en valor a importancia de Verín como enclave cultural. Tamén destacou a "boa acollida" das actividades xurdidas ao seu abeiro.

Te puede interesar