CATA

Segunda quenda dos cursos de cata de UNED nos Mercedarios

As prazas estarán limitadas a 30, o custe será de 10 euros e terá lugar os vindeiros días 16 e 17 de novembro

Segunda quenda dos cursos de cata de UNED nos Mercedarios

Os próximos 16 e 17 de novembro, o Museo Claustro Mercedario de Verín acollerá un novo curso de cata da UNED, neste caso sobre os viños brancos de Europa. Esta actividad forma parte das actividades organizadas polo Concello de Verín, en colaboración coa Denominación de Orixe Monterrei, para a divulgación vinícola como un sinal de identidade da comarca. 

O curso estará impartido polo centro da UNED en Ourense e será os días 16 e 17 en Verín, baixo o título "Viaxe polas rexións vitivinícolas dos grandes brancos de Europa", e terá como docentes a Luis e Alejandro Paadín, director da Guía de Viños de Galicia e sumiller internacional, respectivamente. 

As prazas están limitadas a 30 persoas e o lugar de celebración será o Museo Claustro Mercedario de Verín, onde está establecida a mostra permanente sobre o sector vitivinícola. O prezo de matrícula serán 10 euros. Será a segunda das quendas dun programa formativo pioneiro na provincia en colaboración coa institución universitaria.


Escumosos


En decembro os escumosos galegos, pero tamén os galos, terán a súa cota de protagonismo. Xa no 2019, os defectos dos viños, os procesos de maceracións carbónicas e as uvas doutras denominacións veciñas como a do Godello de Valdeorras completarán o abano de cursos con diploma da institución académica a distancia.