MONTERREI

O Sergas mantén que a cociña do hospital de Verín non se pechará

A polémica xurdiu logo de que o sindicato da CIG en manifestara públicamente a súa "preocupación polos propósitos do Sergas dirixidos a desmantelar o servizo de cociña no Hospital de Verin"

O Sergas asegura que se están facendo obras de mellora na cociña do Hospital de Ourense, "que poderá dar servizo a centros periféricos se fose necesario".

Sen embargo, subliña que o pasado martes mantívose unha reunión coa Comisión de Centro de Verín para garantirlle que "o actual servizo de cociña manterase como se ven facendo ata agora". A polémica xurdiu logo de que o sindicato da CIG en manifestara públicamente a súa "preocupación polos propósitos do Sergas dirixidos a desmantelar o servizo de cociña no Hospital de Verin". Din que están "en perigo" os 12 postos de traballo deste departamento, así como a calidade na alimentación dos usuarios. 

O sindicato apunta a "movementos realizados nos últimos días" que deixan entrever que as comidas do centro hospitalario verinés serán elaboradas en locais de Ourense".

Te puede interesar