OCIO

Sete días ao pe do tren en Vilavella

campa_result
photo_camera Os 45 menores, con Rosario Rodríguez e Diego Lourenzo (detrás), antes de partir cara Vilavella.

O Concello de Verín envía 45 rapaces á estación de Vilavella de acampada

Unha expedición de corenta e cinco menores, con idades comprendidas entre os 8 e 11 anos, participan dende onte e ata o 26 de agosto no campamento do albergue da estación de ferrocarril de "A Vilavella" en A Mezquita.

Devandita iniciativa, organizada a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín, ten como obxectivo que os cativos coñezan a natureza, ademais de impulsar o seu respecto por ela mediante actividades lúdicas e educativas, dando conta da importancia do reciclaxe e da convivencia entre eles e o entorno.

Entre outras actividades realizarán BTT, xeocaching, tiro con arco, parque multiaventura (rocódromo, tirolinas, pontes tibetanos...), piscina, acampada, rastrexo fotográfico ou visitas guiadas.

Te puede interesar