VERÍN

Somoza viaxa ata Mozambique para falar de solidariedade

A concelleira de Cultura e Educación do Concello de Verín participará nun programa do Fondo Galego de Cooperación  e Solidariedade, xunto con outras tres concelleiras de Lugo, Moaña e San Sadurniño.

A concelleira de Cultura e Educación do Concello de Verín, Emilia Somoza, participará en Mozambique nun programa do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, xunto con outras tres concelleiras de Lugo, Moaña e San Sadurniño. Analizará o papel das mulleres no cambio político nas súas comunidades, xunto coas políticas de educación e igualdade. 


Somoza e as súas compañeiras concelleiras dos devanditos municipios, todos eles socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, viaxarán na última semana de setembro a Mozambique para participar nun encontro da Rede de Mulleres Autarcas, integrada por edís e alcaldesas do país lusófono. Con elas intercambiarán experiencias para impulsar a participación das mulleres na política local e as políticas municipais a prol da igualdade. 


As concelleiras de igualdade de Lugo, Moaña e San Sadurniño, xunto coa de Educación e Cultura de Verín, exporán as dificultades que se atopan, as políticas de igualdade e as ferramentas que proporciona a educación para superar eses atrancos, así coma o papel das mulleres como axentes de cambio no poder local, ou o traballo municipal de xénero. 


A delegación achegarase tamén a Mandlakazi da man da súa alcaldesa e presidenta da Rede de Mulleres Autarcas de Mozambique, María Helena Correia. O Fondo Galego e Cooperación e Soliedariedade está integrado por 88 concellos e as deputacións de A Coruña e Lugo.

Te puede interesar