Alumnos dos obradoiros traballan na zona
O Concello de Laza continúa co acondicionamento e mellora da área recreativa de Soutelo Verde, iniciado a finais do 2020. Estes días, os alumnos do Obradoiro de Emprego, do módulo de xardinería, realizaron a semente de céspede de cara ao verán.
Co fin da obra, os veciños poderán desfrutar dun entorno tranquilo para os días de calor, cun aspecto renovado e coidado da zona.