concurso

Supremacía dos alumnos do María Inmaculada no certame do día das Letras, en Verín

gala_result
photo_camera Todos os participantes nos dous certames a concurso subiron ó escenario do auditorio no fin da Gala das Letras.

A escola festexa hoxe o XXI encontro de antiguos alumnos do país

Alumnas e alumnos do Colexio María Inmaculada obtiveron cinco primeiros premios nos certames literarios convocados polo Concello de Verín, coa colaboración de supermercados Gadis, con motivo do Día das Letras Galegas. Un alumno do Colexio Apostólico Mercedario completou a relación de gañadores.

Os galardóns foron entregados pola concelleira de Cultura e Educación, Emilia Somoza Basalo; Xosé Carlos Caneiro Pérez e Serafín Vázquez Álvarez, portavoz do xurado, na Gala das Letras Galegas, celebrada no Auditorio Municipal de Verín con motivo da data desa efeméride. O acto contou con actuacións da Banda do Conservatorio Elemental de Música de Verín e foi presentado por Íñigo Rolán Taboada, estudante verinense na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.


RELATO CURTO


Os finalistas do Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez e do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez foron 44 alumnos e alumnas dos centros citados, dos CEIP Amaro Refojo e Princesa de España, e dos IES Xesús Taboada Chivite e Castro de Baronceli, preseleccionados nos centros respectivos.

Os premios aos gañadores consistiron en 90 euros, lote de libros e diploma, e corresponderon no Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez ás narracións Un mundo de igualdade de María Milla Gómez, alumna de 5º de Primaria; Un cabalo chegou á vila de Silvia Calviño Álvarez, alumna de 1º de ESO; e O berro dos calados de Noelia Gallego Campos, alumna de 4º, as tres do Colexio María Inmaculada.


CERTAME DE POESÍA


No Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez, os poemas vencedores foron O mar e o seu límite de Rodrigo González Álvarez, alumno de 6º de Primaria, e Memorias de Lucía González Dapía, alumna de 4º de ESO, os dous do Colexio María Inmaculada; e Maldita tecnoloxía de Mario Esteban Gómez, alumno de 2º de ESO do Colexio Apostólico Mercedario.


SEGUNDOS E TERCEIROS


Os segundos e terceiros premios en cada unha das seis modalidades (dúas para Primaria e outras tantas para 1º e 2º, e 3º e 4º de ESO, respectivamente), dotados con 60 e 30 euros, lotes de libros e diploma, repartíronse entre alumnos do IES Castro de Baronceli, 2 segundos e 2 terceiros; Colexio María Inmaculada, 2 segundos e 1 terceiro; CEIP Amaro Refojo, 1 segundo e 2 terceiros; e Colexio Apostólico Mercedario, 1 segundo e 1 terceiro.


UNS 130 EXALUMNOS PERCORRERÁN PARTE DA COMARCA


O rotundo éxito dos escolares do María Inmaculadas no Día das Letras Galegas chega dous días antes da grande xornada que vivirá no día de hoxe a institución académica verinense. Arredor duns 140 exalumnos de todo o territorio nacional, máis todos aqueles de Verín que se acheguen, están chamados a un moi emotivo encontro, o dos antiguos alumnos. Ás 9,30 horas está prevista a benvida e o almorzo a todos eles. Logo dunha charla no propio centro, partirá a expedición a visitar o castelo de Monterrei, o santuario de Os Remedios -onde terá lugar a eucaristíca, ás 13 horas- e o balneario de Caldeliñas, xa pola tarde, despois do xantar que terá lugar no Restaurante Brasil. 

Un musical protagonizado polos alumnos verinenses do María Inmaculada despedirá os antigos escolares do país. 

Te puede interesar