Traballo en conxunto para potenciar o rural da comarca de Monterrei

monteval colab pab
photo_camera Ana Pardo -de Monteval- y Lucía Aparicio -de Portas Abertas-. (Foto: cedida).
O GDR Monteval e o CDR Portas Abertas retroalimentanse para potenciar o emprendemento

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Monteval e o Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) Portas Abertas da comarca de Monterrei traballan en conxunto por un mesmo obxectivo: potenciar a vida rural e ofrecer oportunidades de traballo e emprendemento nas aldeas.

Así o amosan Lucía Aparicio, orientadora laboral de Portas Abertas, e Ana Pardo, xerente da Asociación Monteval, quenes mantiveron unha reunión de traballo para retroalimentarse nas súas funcións e ofrecer as maiores alternativas de traballo aos usuarios de ambos centros. 

A reunión fundamentouse nun programa que leva Aparicio, os Itinerarios Integrados contra a Despoboación, un proxecto que se pode complementar coas axudas que ofrece Monteval para o desenvolvemento rural. Na cita, Pardo explicou como poden optar a elas as persoas emprendedoras. Así, esclarecéronse dúbidas e o GDR acolleu a un futuro emprendedor que comezou o seu proxecto asesorado en Portas Abertas, un traballo en rede que busca darlle vida ao rural.

Te puede interesar