Monterrei

Troula Animación encherá de terror ás rúas de Verín

A concelleira de Cultura, Emilia Somoza, presentou o programa de actividades no Concello de Verín.
photo_camera A concelleira de Cultura, Emilia Somoza, presentou o programa de actividades no Concello de Verín.
A concelleira de Cultura, Emilia Somoza, presentou os actos da quinta Noite de medo

O Concello de Verín prepara un completo programa de actividades para celebrar, o vindeiro 31 de outubro, o Samaín ou a tamén coñecida como Noite de Medo. Neste senso, non faltarán espectáculos polas principais rúas do municipio a partir das 23,00 horas, e obradoiros temáticos infantís. O obxectivo do goberno local será conmemorar ao grande esta quinta edición. 

Para falar de todo o anterior, a concelleira de Educación, Cultura e Festexos de Verín, Emilia Somoza, compareceu en rolda de prensa e desgranou os actos previstos para dentro dunha semana na capital de Monterrei. 

Nesta nova edición, o prato forte será a posta en escena do espectáculo "Errantes", que a popular compañía Troula Animación interpretará polas rúas de Verín a partir das 23,00 horas da noite. Trátase dun pasacalles que contará con instrumentos de percusión, zancudos, tragalumes e varios terroríficos personaxes caracterizados que realizarán danzas rituais con espectaculares efectos pirotécnicos durante todo o seu percorrido.

Pola súa banda, os máis pequenos tamén poderán gozar ao seu xeito do Samaín na Praza García Barbón. Será a partir dás 18,00  horas da tarde cando disfrutarán, segundo sinalou a edil verinesa, de "terroríficos" obradoiros temáticos.

Entre outras das moitas actividades previstas, os nenos aprenderán a facer chapas, realizarán actividades de globoflexia, de caracterización e maquillaxe especial para Samaín así como moitos outros xogos temáticos.

Te puede interesar