Tribunales

O TSXG da a razón ao exalcalde de Laza sobre o conflicto dos GES

 Tres sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza sobre a relación laboral dos GES co Concello de Laza dan a razón o ex alcalde do municipio, o socialista Jesús Blanco Conde. Desde o grupo municipal socialista afirma que nada máis constituírse a nova corporación municipal o 15 de xuño de 2019, na que despois de varias décadas de goberno do Partido Popular, púxose ao fronte unha coalición formada polo PSdeG-PSOE e Xuntos Por Laza, comezaron a caer unha choiva de demandas ante os xulgados do Social, coas que se buscaba a fixeza da relación laboral e, segundo afirman os socialistas, "auspiciadas por quen acababa de perder a alcaldía".

Engade este grupo que se trata de demandas que foron formalizadas por primeira vez e despois de que moitos destes demandantes estivesen traballando dende principios de século e nalgúns casos dende o século pasado con contratos temporais concatenados en fraude de lei. "Obviamente aquelas sentencias de instancia que declararon a relación laboral de carácter indefinido non foron recorridas polo Concello, pois os contratos celebrados en fraude de lei, neste caso polo anterior goberno do Partido Popular, reconvertéronse de xeito automático en indefinidos", sinala o portavoz socialista Jesús Blanco Conde.

O portavoz celebra que a xustiza lle de novamente a razón e afirma que "demóstrase que tiñamos razón nos nosos recursos", e recorda que durante o ano que Blanco Conde estivo ao fronte da alcaldía, o portavoz do PP, José Ramón Barreal, de forma "regular e sistemática" interesou a retirada destes recursos.

Te puede interesar