Última semana para anotarse na andaina do "Pozo do Demo" en Verín

pozo do demo portada
photo_camera Indicadores da ruta.
Os interesados en participar na andaina poderán inscribirse ata o día 7 de abril

Tras uns anos de parón, Verín acollerá a X edición da andaina de Monte “Pozo do Demo”, organizada polo Concello de Verín e a Asociación de Sendeirismo Ruta das Augas. A cita celebrarase o 10 de abril e os interesados en participar teñen esta semana para anotarse e poder realizar a ruta. 

As inscricións, cun prezo de 5 euros, poderán formalizarse ata o 7 de abril -presencialmente en Multisport Verín ou Deportes Redonet en Ourense, ou nos teléfonos 600 41 00 18 e 988 41 44 23- para poder, así, realizar o percorrido desta décima camiñada, que é de 16 quilómetros de dificultade media. A saída da mesma será dende o Pavillón de Deportes de Verín ás 10,00 horas. 

A andaina partirá cara o pobo de Cabreiroá e Monte Maior. Tras ascender ao Pozo do Demo, tomarase a ruta do mal paso dirección Tamagos, onde estará localizado o avituallamento. Despois seguirase a ruta Camiño de Santiago ata Cabreiroá, pasando pola Casa da Inquisición. A recollida de dorsais poderá efectuarse os días 8 e 9 de abril no establecemento Multisport de Verín e o propio día da ruta antes de comezar no pavillón -dende as 08,30 horas-.

Ademais, nesta edición, o equipo organizador do evento rende homenaxe a José Avelino de Carvalho. Segundo destacaron dende a asociación de sendeirismo, “este ano queremos renderlle esta afectuosa homenaxe a un compañeiro e amigo co cal compartimos multitude de momentos e gozamos da natureza camiñando tanto en Galicia como en Portugal”.

Te puede interesar