concello

Veciños de Monterrei presenta a súa opción para liderar o Concello

Imaxe da candidatura que hoxe se presenta.
photo_camera Imaxe da candidatura que se presenta.

"A escolla do Día do Traballo para presentar a nosa candidatura non é casual: é inadmisible que Monterrei teña 230 persoas en situación de desemprego, o que representa aproximadamente o 25% da poboación activa total", sinala Carmen Sola, cabeza de lista

A candidatura Veciños de Monterrei presentarase oficialmente este mércores para optar á alcaldía do Concello "cunha das taxas de paro máis altas da provincia de Ourense", segundo relata a cabeza de lista, Carmen Sola. "A escolla do Día do Traballo para presentar a nosa candidatura non é casual: é inadmisible que Monterrei teña 230 persoas en situación de desemprego, o que representa aproximadamente o 25% da poboación activa total". engade.

A candidatura que encabeza Sola proporá políticas "dinamizadoras de emprego" dende o eido municipal, "unha cuestión que se ten desatendido dende o Goberno de José Luís Suárez", segundo puxo de manifesto. A lista de Veciños de Monterrei "porá tamén especial énfase en promover unha administración local aberta e transparente para os veciños e veciñas"

Entre os seus obxectivos está a posta en valor do patrimonio local e a súa preservación constituirá outro dos eixos da campaña. Dende o punto de vista social, la lista aposta polo "empoderamento da muller rural e a promoción de políticas públicas para os máis novos". 

Te puede interesar