Verín acolle un obradoiro para impulsar a axenda 2030

concello verín vista aérea
photo_camera Imaxe aérea do Concello de Verín.

A Casa da Xuventude de Verín celebra este martes de 12,00 a 13,00 horas o obradoiro “Plan para a implementación da axenda 2030 en Verín”, un acto no que se exporán as principais medidas propostas e no que os veciños poderán compartir as súas opinións e propostas. 

Organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade co apoio da Xunta,  estas charlas teñen como obxectivo impulsar a implicación dos concellos no camiño do desenvolvemento sostible. Neste obradoiro explicaráselle aos participantes que é a axenda 2030: “É un reto mundial no ámbito local”, din na organización, que tamén levarán a proposta do plan estratéxico para Verín.

Te puede interesar