CULTURA

Verín acolle a presentación do libro "Lenocínio e Prostituição": visión dos maxistrados e policías

auditorio de verín (c.c.)
photo_camera La cita será en el Auditorio de Verín. (Foto: C.C.).
A cita é este sábado, 30 de outubro, ás 17,00 horas no Auditorio de Verín

O Auditorio de Verín acolle este sábado, ás 17,00 horas, a presentación do libro luso “Lenocínio, Prostituição, visão dos magistrados e polícias” de João Ribeiro, mestre en Criminoloxía e cabo da Policía portuguesa -GNR-. 

Esta obra afonda na situación das persoas vulnerables e apoia as vítimas da explotación sexual, da violencia doméstica e de tráfico de seres humanos. Unha cita que contará cunha mesa redonda na que participarán expertos nestes temas, cargos políticos e persoas que realizan un servizo público. 

Ribeiro estará acompañado de Gerardo Seoane, alcalde de Verín; Roberto Pampín, comandante da Garda Civil de Verín; Tamara Balboa, psicóloga do CDR Portas Abertas; Lorena Álvarez, psicóloga do Centro de Información á Muller da Mancomunidade de Monterrei, e Emilia Somoza, concelleira de Cultura verinesa. Todos eles darán a coñecer o apoio que realizan en cuestións de recursos ás persoas que se atopan nestas situacións.

presentación libro verín

Te puede interesar