Verín acollerá a quinta feira da cervexa artesá

20190904164519130_result
photo_camera Pablo Casanova e Manuel Lorenzo Feijóo durante a presentación do evento en Verín.
Nesta ocasión ampliarase a oferta gastronómica, e a bebida terá prezo popular

Verín acollerá unha vez máis este verán, un evento que procurará fomentar a artesanía e a gastronomía local ao tempo que se dinamiza a vida nas rúas da vila. Tratarase da quinta edición da Feira da Cervexa Artesá e da Artesanía Medieval que organiza a Concellería de Transporte, Feiras, e Hostelería, en colaboración coa Asociación para a Divulgación da Cultura da Cervexa Artesá de Galicia -ADICCAG-. Neste senso, o edil verinés responsable, Manuel Lorenzo Feijóo, presentou xunto ao director de ADICCAG, Pablo Casanova, a programación de actividades elaborada para os vindeiros días 13, 14, e 15 de setembro e que se desenvolverá na praza Maior da localidade. 

O evento desenvolverase os vindeiros 13, 14 e 15 de setembro e a banda de gaitas poñerá a nota musical o venres

Lorenzo destacou o labor dos organizadores e a súa implicación nestas actividades, que incluirán gastronomía, música, cervexa e sorteos. Nesta edición estarán presentes os seguintes artesáns: Cervezas La Castiza, Celebridade Galega Ecolóxica, Cerveza Monte Rei, Cerveza Internacional Agneta´s, Cerveza Santa Caribe, Hidromel Ambrosía e Cerveza La Verbena. Este ano, ademais, ampliarase a oferta gastronómica e contarase con polbo con patacas, mexillóns ao vapor, empanadas galegas, e pratos de embutidos de porco celta e queixo preparados por un cortador profesional. A Banda de Gaitas de Verín amenizará a xornada de inauguración do venres e o sábado tamén haberá unha actuación musical.

Te puede interesar