Verín acollerá este venres un coloquio sobre a loita LGBT+

220628 DIA ORGULLO LGTBI_1
photo_camera O persoal do Concello colocou onte a bandeira en Verín.

Con motivo da celebración do Día do Orgullo, que foi este martes, o grupo Avante LGBT+ Verín organiza un coloquio o venres no bar Naverza -no parque da Alameda- ás 19,30 horas. A cita versará sobre a “Introdución á loita LGBT+: conceptos e demandas políticas”, que estará impartida por Xandre Garrido, responsable da organización de Avante LGBT+ e investigador en estudo queer. 

Máis alá deste evento social, os concellos uníronse á celebración do Día do Orgullo colgando aas bandeiras LGBT+, como Riós e Verín. En Riós súmanse a loita “pola igualdade e dignidade das persoas”. En Verín aseguran que “dende as institucións debemos asegurar a igualdade efectiva de todas as persoas LGBTI e as súas familias, como elemento esencial dunha boa convivencia para o progreso e o desenvolvemento social”. 

Dende a Administración local vense na obriga de frear os discursos do odio que “dende hai algún tempo se vén escoitando, facendo de muro para concienciar á sociedade para que todas as persoas, sen importar a súa identidade ou orientación sexual, poidan exercer, sen medo e con respecto, todas as facultades e dereitos que lles corresponden como cidadáns”. 

Por esa razón, o Concello de Verín, como mostra da súa unión ao proxecto da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), súmase, coa colocación da bandeira LGBTI, ás voces que chaman por un futuro en igualdade de todas as persoas, ó marxe da súa identidade sexual ou xénero e da súa orientación sexual.

Te puede interesar