MONTERREI

Verín agocha 130 contedores en
13 puntos limpos

Na Avenida de Castela, Rúa Luís Espada, Travesía de Sousas e Irmáns Moreno está prevista pór en marcha outros cinco

O Concello de Verín vén de pór en marcha tres novos puntos limpos na vila, dous situados nos accesos ao Aparcadoiro Libre Gratuíto número 8 Zona Centro (nas rúas Santiago Rodríguez e Luís Espada) e outro na Avenida de Castela. Con estas, son xa trece as zonas de recollida de lixo activas en Verín, que -ata agora- permitiron retirar máis de 130 contenedores das rúas do casco urbano.

A misión destes puntos limpos é a retirada dos contedores de lixo das rúas da vila, e a concentración das labores de reciclaxe e baleirado de aceites. Estes puntos están illados visualmente e contribúen á mellora da paisaxe urbana de Verín.

Dentro da quinta fase do plan de rehumanización, que se está levando a cabo nestes momentos, o Concello de Verín implementará, a maiores destes tres, cinco novos puntos limpos que estarán ubicados nas Avenidas de Castela e Luís Espada, Travesía de Sousas e nas rúas Irmáns Moreno.


Quinta fase


A apertura dos novos puntos limpios encrávase dentro dun proxeto máis ambicioso do grupo de goberno, que persegue rehumanizar a vila con novas beirarrúas e máis parques, como o que ten previsto construír no barrio de San Roque, coa reforma integral da rúa San Félix e tamén coas mellores previstas para a Avenida de Castela, cun amplo bulevar que substituirá ós estacionamentos de vehículos pesados.

Te puede interesar