Nadal

Verín estrea hoxe a súa Feira de Nadal

photo_camera false
O mercadiño contará con 40 expositores que se ubicarán na Praza Maior, onde haberá un propio para os nenos e nenas

A praza maior de Verín albergará durante toda a fin de semana as casetas da quinta edición da Feira do Nadal que, un ano máis, ofrecerán todo tipo de artesanía, alimentación, decoración, regalos e doces. O mercadiño, promovido dende o propio Concello, incluirá preto de 40 expositores, tal e como confirmou o concelleiro de Transportes, Feiras e Hostalería, Manuel Lourenzo. 

A feira contará, por outra banda, con diferentes actividades de animación, unha cata de viños, música e sorteos de productos típicos de Nadal doados polos expositores. 

Ao igual que na pasada edición, a Feira de Nadal de Verín terá a participación activa das nenas e nenos da vila, xa que eles mesmos poñerán a disposición dos veciños os seus propios produtos artesanais nos seus postos.

Mañá sábado, día 7 de decembro, terá lugar unha cata de viños da man da Denominación de Orixe Monterrei que comezará a partir das 19,00 horas e que se celebrará no Restaurante Regueiro da Cova. 

Para poder participar na actividade promovida polo Consello Regulador será necesario inscribirse previamente a través dun formulario que se poderá atopar no Concello de Verín. O horario de apertura das casetas da Feira de Nadal prolongarase dende as 11,00 horas ata as 14.30 horas, e de 16,00 horas a 20,00 horas.

Te puede interesar