Verín celebrará unha andaina nocturna o 19 de agosto

A cita chega a súa terceira edición

O Concello de Verín organiza, en colaboración coa Asociación de Senderismo Ruta das Augas da comarca, unha andaina nocturna para a noite do venres 19 de agosto. 

Segundo confirmaron Manuel Lorenzo, concelleiro de Transporte, Feiras e Hostelería, e Amaya Álvarez, responsable da asociación de sendeirismo, o percorrido será circular e terá unha dificultade baixa, polo que será accesible para todo tipo de públicos. Sairá dende a Praza García Barbón ás 21,00 horas e seguirá unha ruta de nove quilómetros. 

A andaina ten un prezo de cinco euros e, pola seguridade dos camiñantes, será obrigatorio levar un chaleco reflectante e unha lanterna. Todos os participantes terán de agasallo unha camiseta de recordo ademais das provisións de avituallamento -auga e froita- e dos servizos necesarios durante o camiño. 

Todas as persoas interesadas en participar poderanse inscribir ata o 16 de agosto no local de Multisport Verín ou vía WhatsApp no teléfono 600 41 00 18. 

Te puede interesar