monterrei

Verín inaugura este martes unha mostra sobre arte infantil

As obras foron realizadas polos alumnos da Aula de Iniciación ás Artes Plásticas da Escola de Artes e Oficios de Verín

A Sala de Exposicións de Verín acollerá dende este martes ata o vindeiro día 5 de xullo unha mostra de arte infantil elaborada por nenos. A concelleira de Cultura, Emilia Somoza, será a encargada de inaugurala ás 19,00 horas. 

As obras da mostra foron realizadas ao longo do curso escolar e seleccionadas polos alumnos da Aula de Iniciación ás Artes Plásticas da Escola de Artes e Oficios de Verín. A exposición poderá visitarse entre as 17,00 horas e as 20,00 horas.

Te puede interesar