educación

Verín inaugura este martes a mostra "Expo Arte 2019"

Unha das creacións que se poderá visitar dentro da mostra.
photo_camera Unha das creacións que se poderá visitar dentro da mostra.

Segundo informaron dende o Concello xa está aberto o prazo para solicitar postos escolares de cara ao curso de 2019/2020

A sala de exposicións de Verín acollerá dende este  martes, día 17 se setembro, a mostra "Expo Arte 2019", que presenta os traballos realizados no curso 2018-2019 nas Aulas de Especialización da Escola de Artes e Oficios da vila. As especialidades que ofrecen ditas aulas  son Cerámica, Pintura-Debuxo, Óleo, Acrílico e Pastel, eTalla en Madeira. Os traballos que se expoñen foron seleccionados polo alumnado e poderán visitarse ata o vindeiro día 1 de outubro. 

As Aulas de Especialización da Escola de Artes e Oficios de Verín tratan de cubrir un dobre obxectivo. Por unha banda, a maioría do alumnado accede ao centro buscando o uso creativo do tempo de lecer, pero, pola outra, algúns dos participantes nas actividades pretenden a capacitación profesional. Todos estes alumnos poderán acceder ao Carné de Artesán, despois de catro anos de formación no centro. 

As clases na Escola de Artes e Oficios de Verín impártense en horarios que tratan de ser accesíbeis á demanda dos usuarios, e que se prolongan entre a segunda quincena de setembro e a primeira de xuño.

Segundo informaron dende o Concello de Verín, xa está aberto o prazo para solicitar postos escolares de cara ao vindeiro curso académico de 2019/2020.

Todas as persoas interesadas en coñecer de preto as creacións dos alumnos da escola verinesa podrán achegarse ata a sala de exposicións de luns a venres en horario de 12,00 horas a 14,00 horas; e de 18,00 horas a 21,00 horas da noite. 

Te puede interesar